Meu amor é mariñeiro
E vive no alto mar;
Son os seus brazos o vento
Ninguén llos pode amarrar.
Meu amor é mariñeiro
E cando me ven falar
Pon un carabel nos beizos
No corazón un cantar.
EU SON LIBRE COMO AS AVES
E PASO A VIDA A CANTAR;
CORAZON QUE NACE LIBRE
NON SE PODE ENCADEAR.
Traio un navío nas veas
Eu nacín pra mariñar;
Quen tente porme cadeas
Háme primeiro matar!
Vale máis ser libre un día
No confín do bravo mar,
Que vivir todad a vida,
Preso, escravo e a calar!
El vive alá lonxe, lonxe,
Onde brúa o bravo mar,
E coa súa forza inmorrente
Onda nós ha de voltar!
EU SON LIBRE...
Nun momento, de repente,
Eu sei que un día virá,
Como se o mar e o vento,
En nós abrise a cantar.
HEI PASAR POLO LUGARES
COMO O VENTO NO AREAL
ABRIR TÓDALAS VENTANAS
COA ESCRAVITUDE ACABAR!
Polas rúas das ciudades
Hei de pasar a cantar,
Traguendo na mau direita
A espada da libertá.
Como se un navío entrase
De supeto, na ciudá,
Traguendo a voar no mástil
Bandeiras de libertá!
HEI PASAR POLO LUGARES
COMO O VENTO NO AREAL
ABRIR TÓDALAS VENTANAS
COA ESCRAVITUDE ACABAR!