Tarifa X-6. Servizo de recepción de refugallos xerados por buques.
Taxas portuarias 2024
PORTOS DE GALICIA
"Informamos que dende Portos de Galicia nos transmiten a existenza dun novo imposto, a tarifa X6 de recepción de refugallos xerados por buques.
Podedes consultar toda a información ao respecto en https://portosdegalicia.gal/es/normativa-de-aplicacion, no apartado de tarifas.Esta taxa pagarase por adiantado cada semestre, tal como a X5, a excepción da correspondente ao ano 2024 (primeiro e segundo semestre) que se vos pasará antes de que remate o ano, para que non se solape coas taxas do 2025.
Os custes para as embarcacións deportivas e de lecer, con base nun porto dependente de Portos de Galicia son as seguintes:
– Se eslora ≤ 8 m: 9,68 €/semestre.
– Se eslora > 8 m e ≤ 10 m: 12,80 €/semestre.
– Se eslora > 10 m e ≤ 12 m: 17,02 €/semestre.
– Se eslora > 12 m e ≤ 14 m: 23,89 €/semestre.
– Se eslora > 14 m e ≤ 16 m: 33,56 €/semestre.
– Se eslora > 16 m e ≤ 18 m: 38,40 €/semestre.
– Se eslora > 18 m: 43,24 €/semestre
A isto sumaráselle o 10% de IVA
Se non se realiza o abono nun plazo de 2 meses dende o envío da carta se lle notificará a portos de Galicia, emprendendo estes as medidas oportunas.
Agradecemos a colaboración de todos vós para con este novo trámite."