Más sobre la polémica película de Michael Moore.. muy interesante
‘Planet of the Humans’, un polémico documental sobre os límites das enerxías renovables
https://www.elsaltodiario.com/saber-sust...renovables
“Descubrimos que a transición ás enerxías renovables está a ser demasiado lenta como para marcar unha gran diferenza durante as dúas seguintes décadas cruciais, e
sería incriblemente custosa se intentásemos substituír todo o uso de combustibles fósiles por solar e eólica. Tamén atopamos, como a película salienta unha e outra vez, que a intermitencia do sol e do vento é un problema real”.
“para sinalar que mesmo se as enerxías renovables fosen a resposta,
mesmo se puidésemos inventar un substituto barato e abondoso para os combustibles fósiles, sería unha catástrofe. Simplemente usariamos esa enerxía para desmembrar completamente a Terra”.
Malia as súas deficiencias, demostra que
o que se está a vender como transición ecolóxica está moi lonxe de ser tal cousa e, en realidade, está dirixido por inconfesables intereses económicos e corporativos que nos van precipitar no abismo do noso colapso ecolóxico, é dicir, todo o contrario do que deberiamos facer. Aqueles que agora rachan as vestiduras con esta película, farían mellor en promover un debate no que todos estes temas se discutan seriamente e no que se propoñan alternativas reais diante dos graves e urxentes problemas que temos.
“As enerxías renovables, de momento, non están a substituír as plantas de gas natural, ciclo combinado, nucleares ou carbón, simplemente porque estas son necesarias como respaldo para o noso modo de vida e para a construción, o funcionamento, a instalación e o mantemento dos captadores das enerxías chamadas renovables, e esa
trampa ao solitario quedou ao descuberto coa crueza e rudeza á que Michael Moore nos ten afeitos.
Non existe suficiente almacenaxe de enerxía, especialmente as baterías; de momento nin son unha alternativa nin teñen substituto á vista”