As gueivotas clo, clo a cantar, norte duro vai entrar
Barco en popa, medio vento
Cando marzo maiea, maio marcea
Ceo escamento, ou chuva ou vento
Ceo empedrado, chan mollado
Lua nova, lua chea, pleamar as duas e media
Lua a saír, marea a subir
Lua en pé, mariñeiro deitado
Lua deitada, mariñeiro en pé
Muxos coa testa aboiada, treboada declarada
Maio ventoso, para o labrador fermoso, para o mariñeiro desastroso
Meu fillo se vas ó mar
que a fortuna non te deixe
que anque non saibas pescar
canto máis burro máis peixe
Norte escuro, vendaval seguro
Noroeste no serán, vento sur pola mañán
O monte se colle coa man, neboas
Os corvos de mar en terra, mariñeiro vente en vela
O mar a espumar, vaise picar
Peixe no chicote, ou muito ou capote
Para ser un bo congreiro hai que ser un bo pulpeiro
Rede nova saca ó peixe da cova
Se ven a chuva antes co vento, arría a vela ó momento
Se o remo rompe polo guión, paga patrón,
se rompe pola pala, patrón paga
Se chove o día de San Xoan, nin viño, nin pan
Telas de araña no mar, non tardará en soplar
Tuniñas que muito saltan, vento teñen, a calma espantan
Treboada con sudoeste, mal tempo todo o trimestre
Vento de neboa, amor de puta