07-03-2020, 11:13 AM
Aves petróleadas e galletas de fuel nos areais das nosas costas
5/03/2020
Como as verteduras que conteñen metais pesados que acaban concentrandose na cadea trófica ou as verteduras de augas de refugallo con virus ou bacterias que poden desastibilizar o ecosistema, e sobre todo as verteduras das augas usadas como lastre que conteñen flora alóctona que poden causar un dano irreparable a biodiversidade das nosas rías, xa que as especies transferidas poden sobrevivir e establecer unha poboación reprodutiva no medio de acollida, converténdose en especies invasoras que se impoñan ás especies nativas e proliferen ata alcanzar proporcións de praga.
A propagación das especies invasivas recoñécese actualmente como unha das maiores ameazas ao benestar ecolóxico e económico do planeta. Estas especies causan enormes danos á biodiversidade e á valiosa riqueza natural da terra, da cal dependemos. Os efectos directos e indirectos na saúde son cada vez máis graves, e os danos ao medio ambiente adoitan ser irreversibles.
Por iso, desde Ecoloxistas en Acción de Galiza condenamos estas prácticas ilegais e esiximos ás autoridades competentes que saian da desidia e actúen con contundencia para controlar e sancionar estos atentados ecolóxicos.
https://www.ecologistasenaccion.org/1385...as-costas/
5/03/2020
- Estes días están aparecendo aves petróleadas e galletas de fuel nos areais das nosas costas. A primeira sinal da contaminación apareceu na praia da Lanzada no Salnes e posteriormente extendeuse desde a ría de Vigo até a Costa da Morte.
- Todo parece apuntar que a contaminación proven unha vez máis da vertedura do baleirado das sentinas dalgún buque en tránsito polas nosas costas. Estas prácticas ilegais repítense con asiduidade mentres o Goberno galego mira para outro lado nunha irresponsable deixazón de funcións.